miércoles, 20 de agosto de 2008

punto e final para este blog.

como Último Video quixera por o que para mín é a xoia do audiovisual galego (non sei quen o fixo pero é un xenio)

infinitamente mellor que calquera merda que puidese sair antes aquí



vémonos no pasado

miércoles, 30 de julio de 2008

A fotografía aparécenos así coma o acontecemento máis importante da historia das Artes plásticas. Sendo á súa vez unha liberación e unha culminación , xa que permitíu á pintura occidental liberarse definitivamente da obsesión realista e recobrar a súa autonomía estética.


O realismo impresionista, a pesar das súas coartadas científicas, é o máis oposto ó afán de reproducir as apariencias. A cor tan só podía devorar a forma se ésta deixaba de ter unha importancia imitativa. E cando con Cézanne, a forma toma novamente a posesión da tela, non o fará xa atendendo a unha xeometrá ilusionista da perspectiva. A imaxe mecánica, facéndolle unha competencia que, máis aló do parecido barroco ía ata a identidade co modelo, obligou á pitura a convertirse en obxecto.



Dende agora o xuizo condenatorio de Pascal perde a súa razón de ser, xa que a fotografía nos permite admirar na súa reprodución o orixinal que os NÓ.S.O.S ollos non terian sabido AMAR; e a pintura pasou de ser un puro obxecto cuxa razón de existir xa non é a referencia coa natureza.


Por outra arte, O CINEMA É UNHA LINGUAXE

André "Vasito" Bazin. Qu´est-ce que le Cinéma?

O lector

lunes, 21 de julio de 2008

o teatro imita

a pintura representa

a literatura evoca

o cinema reflicte.

o debate: Arte maior(e) [S]* Arte menor (e) [S] resulta, a tal hora, caduco.

Jacques Aumont faino pantente en La teoría de los cineastas. Paidos comunicación 2002

MEnchira!

O lector, o espectador existe! e reclama o seu dereito a participar.

22 50 90 anos de esperiencia vividos intensamente fan que un filme, un libro cobren outro sentido, outro valor. (Indy tu corasón cubrelo ya!)

eso é o bonito

e a min pásame, e a ti.

non quero morrer sen deixar patente que non deixen de ler El lector de BERNHARD SCHLINK.




pra voçé non será nada. pero pra min. PRA MIN...

- A vostede caíalle ben, verdade? Dígame, qué clase de relación tiñan?
Vacilei uns momentos

-Líalle Libros. A cousa comezou cando eu tiña quince anos, e continuou cando ela estaba no cárcere

-E cómo podían ...?

-Mandáballe cintas. Frau Schmitz foi analfabeta case todo a súa vida, aprendeu a ler e a escribir no cárcere.

-Porqué fixo vostede todo eso?

-Cando tiña quince anos tiñamos unha relación amorosa

-Quere dicir que se acostaban xuntos?

-Sí

-Que brutal chegou a ser esa muller. Conseguíu vostede superar ese choque tan forte ós quince anos? Non, vostede mesmo me dixo que comezoua lerlle cando estivo no cárcere. Estivo vostede casado?

Asentín coa cabeza

-E o seu matrimonio foi breve e desgraciado, e non voltou a casarse, e o fillo, se é que o teñen, está nun internado.

-Eso pásalle a miles de persoas. Para eso non fai falta unha Frau Schmitz





*avec an (S)

o Tormento de Prometeo - Rubens

sábado, 12 de julio de 2008



Prometeo, condeado a que unha águia lle arrancase o fígado. Por mor da súa inmortalidade o fígado rexenerábase, e a rapaz voltaba tódolas noites.

ALGO HARÍA

O último Vídeo (number 9 number 9 number 9 number 9)

lunes, 7 de julio de 2008

O último Vídeo 8

O último Vídeo7