O último video nace froito da mente dun ser ególatra e narcisista.
O último Video é a artistada dun mediocre.
M-E-D-I-O-C-R-E
4 Meses, 16 semanas, 10 videos.
Un deles será o último Video. Pero o último de qué. Para qué. Para quén?
______________________________
O proceso de desenvolvemento sexa persoal, cultural ou mesmo na interacción
coas persoas do entorno implica cambios sustanciais dende un grao cero ata o final.
Se racionalizamos os procesos
(vida - morte/ inicio - fin)
atopamos unha posible gradación.
Nunha liña recta
.______________________________________________.
con principio e fin, podemos analizar as súas partes, deconstruíla, cadriculala,
e sinalar con precisión un punto xa clasificado.
Cando nos referimos ás relacións humanas, afortunadamente entran en xogo novas variables
que fan imposible a racionalización plena.
Os sentimentos, a creatividade.
Todo o que escapa da cuantificación.
O que brota ama o seu ocultamento
As orixes, o grado cero, o nacemento é desexado, envexado polo feito de ter aínda ese camiño por percorrer.
Decimos Feliz Aniversario e non Feliz morte porque nos gusta o proceso e non a fin.
Todos os humáns amamos o fértil, a vizosidade, avida por diante.
Dese amor polo proceso, polo que fomos antes de selos nace o Último Video.
Unha retrospección, unha mirada dende o solpor ata o amencer.
E todo esto porqué?
Porque estando na fin dunha etapa, quen se resiste a non sacralizala
(venres 7 - o primeiro video)
miércoles, 5 de marzo de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
artistilla!!! eres un intelectual de mierda. menuda artistada.
*
Llau
Publicar un comentario